Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

viernes, 2 de junio de 2017

A Muller de Balboas volta ao Mar.. e xa o estaba a desexar!

Bo día!

    Xa tiñamos ganas de volver ver a Muller de Balboas navegando polas frescas augas da nosa queridiña Ría de Arousa,



 disfrutando da boa compañía que por costume lle soen facer os arroaces, que parece que estén namorados dela.... case tanto coma nos....






que ano tras ano percorremos as súas redondiñas formas frotanto, lixando e pintando,.....





















 a mán e a máquina, sexa o pau .. sexan as panas, a caña ou o timón....






























mascarillas, guantes e imprimación,




















entre virutas e serríns,















 gases e risas, aceites e masillas,











 ata conseguir o noso obxetivo, devolvela o mar..





Logo do acondicionamento e maquillaxe, a nosa dorniña foi votar uns días "entre mareas"
Foi unha botadura moi especial , pois aprobeitamos a celebración do Día das Letras Galegas para facer un acto cultural recitando o poema de Ramón Cabanillas "Beiramar", publicado anteriormente como "A dorna"  no xornal El Pueblo Gallego o 24-8-1952.


















Tamén nos ocupamos de lavar e clarear as velas...









E unha vez  inchadiña a madeira, a levamos o seu lugar de atraque no fondeo do muelle de Cambados.








Onde se fixeron labores de acondicionamento da bolla e dos cabos.




E para rematar esta publicación, queremos dar un especial agradecemento as acompañeiras e compañeiros da asociación A Torre pola axuda e colaboración que recibimos.  Abaixo podémolos ver acompañándonos a preparar o fondeo, unha gran axuda por parte de Iván e Luís.





GRACIÑAS A TODOS!!!


Beiramar

Tumbada, quilla ó aire,
desfaise no areeiro a vella dorna.
Groria e relembro dos lonxanos días
nos que se deu ó mar como unha noiva,
repulida e locente das carenas,
ben presada de estopas,
a branca vela ó vento cantareriro
nas atesadas cordas...!

Noites de lúa crara,
fondeada na posta, 
deixándose ir e vir de vagariño
nas latexantes ondas,
como o berce de neno
arrola que te arrola,
mentres as liñas soltan, rebulindo,
brincando, dando voltas,
os buraces de prata
nos paneles de proa...!

Firentes invernías,
tardes de vento e choiva
nas que galgante, a pulos, enraibada,
entre as ágoas bruantes e revoltas,
sin medo de arroaces nin refachos,
co duro leste traicioneiro en loita,
coa guía daquel santo patriano
-¡Dios o teña na groria!-
que dende Ons ou Noro,
deixando pola popa,
rabexante e fervente,
longo ronsel de escumas briladoras,
una Salve nos biezos
e unha man no timón e outra na escota,
san e salva, metíase no porto
mollada dos salseiros, trunfadora...!
Tumbada, quilla ó aire,
desfáise no areeiro a vella dorna...
Nunha cuaderna núa, apodrecida,
está pousada, inmobre, cavilosa
ollando a lonxanía,
como unha ibis sagra, unha gaivota.


Ramón Cabanillas. 1952