Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

lunes, 25 de abril de 2016

PINTA, DESPINTA, PEGA E COLOREA

Logo dos traballos destes últimos meses, a nova sede en Tragobe está lista e por fín puidemos empezar a traballar nos barcos.








Andel, banco de taballo e estanterías.
 
Este ano temos traballos dobrados, e se todos os anos hai que pintar, este toca sobre todo facer o contrario, isto é, despintar antes de volver a pintar. Ademais por partida dobre porque se a Muller de Balboas tócalle logo de non espirse dende o 2007, agora a Julicheira tamén ten que quitarse o enfeite para un proceso integral de restauración da clavazón e substituiremos as puntas galvanizadas por remaches de cobre no tingladillo e puntas de cobre para as cadernas. 







 video 1:
video



Tamén o remolque levou un lavado de cara e tivemos que gastar uns cartos extras para facerlle un berce á Muller de Balboas para poder mexela con máis agarimo se cadra cando temos que movela. 
O sitio é pequeno e temos que aproveitar calquera recuncho.





 





   Ademais esta fin de semana teremos unha actividade engadida, a de confeccionar un Maio Mariñeiro en San Tomé, mesmo a carón da Casa Mariñeira. Daremos feito..., ánimo!

  video 2:
video

  
Maio. Cambados anos 50 aprox. 

 






Convidamos a tod@s os soci@s, colaborador@s e público en xeral a participar con nós na confección do Maio Mariñeiro, a partir da tarde deste vindeiro venres 29 de abril na Casa Mariñeira do barrio de San Tomé-Cambados.

contactos:
Bea: 659 64 50 64
Xan: 674 81 54 19



imaxe maio: arquivo persoal Xaquin L. Cuíñas