Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

lunes, 28 de marzo de 2016

Xornada Solidaria co Pobo Sirio.


Este pasado sábado 26 de marzo, voluntarios do Clube Mariño Salnés adicaron a xornada a clasificar, embalar e etiquetar toda clase de material de axuda humanitaria para as vítimas da guerra en Siria. 

material recollido: 42 caixas en total
3 caixas de alimentación infantil, 5 caixas de cueiros, 7 caixas de produtos de hixiene persoal, 4 caixas de material sanitario, 10 caixas de xoguetes, 4 caixas de mantas, 8 caixas de alimentación (en bolsa e lata), 1 caixa de material escolar e unha tenda campaña.




Soci@s, amig@s e colaboradores do Clube Mariño Salnés.

 A idea xurdiu ao comezo da Semana Santa, e pronto fixemos un chamamento aos socios para recoller todo aquel material que puidese servir de axuda. Ao mesmo tempo, a nosa Bea, como coordinadora desta iniciativa, púxose en contacto con distintos puntos de recollida na provincia de Pontevedra de onde obtivemos o listado de material que se precisaba e como tiñan que ser ordenadas e etiquetadas as caixas.

Recepción de material da Casa Mariñeira de San Tomé.
 
Ordeando e etiquetando o material.



Pronto tamén, decantámonos por colaborar coa Asociación de Axuda co Pobo Sirio, que conta cunha experiencia de 5 anos traballando dende o inicio do conflito, centrando os seus esforzos dende o interior do país para logo distribuír a axuda por todo o territorio, polos centros hospitalarios e tamén cara os campos de refuxiados.



Non foi dende logo unha xornada festiva tendo en conta a motivación do evento, pero si podemos dicir que gozamos coa colaboración e foron numerosas as mostras de apoio e solidariedade que recibimos durante todo o día.





 
 





 



 
 




 Se importante foi a achega dos propios socios, amigos e coñecidos, tamén o foi a das persoas que pasaban por diante da Casa Mariñeira en San Tomé (local cedido polo Concello para esta causa) e por suposto a doazón de material sanitario das farmacias da Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados.


 










E logo de preparar todo o material de acordo as instrucións recibidas, un voluntario do Clube Mariño Salnés ofreceu a súa furgoneta para trasladar o material até o punto de recollida en Cangas e alí se dirixiron varios socios do CMS xa a tardiña para facer a entrega:


 
Durante esta semana tamén nos puxemos en contacto co concelleiro de Servizos do Concello de Cambados que xa amosou publicamente o seu compromiso coa causa, habilitando a Casa Mariñeira de San Tomé como Punto de Recollida de material humanitario para Siria.

Días de recollida: mércores, venres e sábados.
Horarios: mércores e sábados de 11,00h a 13,00h e venres de 19,00h a 21,00h

 Información aparecida na prensa:
 La Voz de Galicia.






 Agradecementos:
Socios, amigos e colaboradores do Clube Mariño Salnés.
AAPS (Asociación de Apoio ao Pobo Sirio)
Concello de Cambados
Bea Costa. La Voz de Galicia
Farmacias da A Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados.
e doantes anónimos.

A todos, en nome do Clube Mariño Salnés, MOITAS GRAZAS.

jueves, 24 de marzo de 2016

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 02 DE ABRIL




CLUBE MARIÑO SALNES
Cif: G-36319721
Tfono: 674 815 419, 626 722 143
cmarinhosalnes.blogspot.com
cmarinhosalnes@gmail.com
Departamento de Usuarios nº, 52. Porto de Tragobe. 36630 CAMBADOS




ASEMBLEA XERAL

Local social, sábado 02 de abril 2016

Hora: 1ª convocatoria 17,30h, 2ª convocatoria 18,00h

Temas a tratar:

1.      Avaliación da situación actual do CMS coa FGCMF logo da derradeira asemblea do 05 de marzo do presente ano.
2.      Resumen histórico de relación do CMS coa FGCMF dende 1999 até a actualidade e exposición das vantaxes e desvantaxes de pertencer e esta entidade.
3.      Votación sobre a conveniencia ou non de permanencia do CMS como membro da FGCMF.
4.      En caso de maioría suficiente a favor, estudio de propostas para reverter a actual situación de baixa temporal a socio de pleno dereito.
5.      En caso de maioría suficiente en contra, facilitar a un membro da actual directiva para comunicar a FGCMF o acordo polo cal se solicita a baixa definitiva do CMS.
6.   Avance das negociacións e propostas presentadas polo CMS (en colaboración coas outras entidades de cultura marítima de Cambados), ante o GALSP-Cambados en relación co proxecto “Mariña Tradicional-Porto de Cambados”.
7.      Aprobación se procede, da participación do CMS na proposta presentadas polas outras entidades de cultura marítima de Cambados para conformar un “colectivo” que represente os intereses comúns ante os proxectos nos que actualmente participamos de maneira conxunta. Facultar se procede, a unha persoa para representar ao CMS dentro deste “colectivo”
8.      Comunicación da invitación da Comisión da Festa do Labrego para organizar un Encontro Fluvial no Umia (Covas de Lobos).
9.      Repaso das tarefas pendentes na sede e coas embarcacións.
10.  Proposta de colaborar na Festa dos Maios.
11. Comentar a iniciativa solidaria do CMS coa A.A.P.S (Asociación de Apoio ao Pobo Sirio). 

A DIRECTIVA,  Cambados, 24 de marzo 2016





E deseguido, algunhas imaxes dos recentes traballos na sede, no remolque e na Muller de Balboas:



 

Despexando o interior da Muller de Balboas para empezar os arranxos da operación "Bikini".

 

Arranxos no remolque para estrenar nova documentación.


  

 
  
Izado do Vaurien e estreno dos polipastos
 




Tentando ordear a sede: colocación estructura do andel e banco de traballo.

  

O Presi comprobando a resistencia do andel.



Compañeiros, con acerto ou sen el, contra vento e marea, esta Asociación xenerosa que pasou por momento bos e outros peores, semella despertar logo dun tempo de repouso..., se cadra era o que precisabamos. 
Somos aínda moi novos, 18 anos cumprimos este ano, a maioría de idade. Que saibamos gozar dela, con humildade, “sorrindo e sen acritude” que cantaba Batallán. Tamén nós seguiremos a dar a batalla mentres poidamos.  
Aparta con que te fendo
Ala Cambados!    




viernes, 4 de marzo de 2016

Asemblea Xeral Extraordinaria.





CLUBE MARIÑO SALNES
Cif: G-36319721
Tfono: 674815419, 626 722 143
cmarinhosalnes.blogspot.com
cmarinhosalnes@gmail.com
Departamento de Usuarios nº, 52. Porto de Tragobe. 36630 CAMBADOS




ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Local social
Venres 04 de marzo 2016
Hora:
1ª convovatoria 20,30h
2ª convocatoria 21,00h


Menú do día (único tema):


·        Informe situación do CMS coa FGCMF e aprobación se procede, duha resolución para presentar na Asemblea do sábado 05 de marzo.



En Cambados a 03 de marzo de 2016.
A Directiva