Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

Pinta, despinta, pega, e colorea

Imagen
Logo dos traballos destes últimos meses, a nova sede en Tragobe está lista e por fín puidemos empezar a traballar nos barcos. Andel, banco de taballo e estanterías   Este ano temos traballos dobrados, e se todos os anos hai que pintar, este toca sobre todo facer o contrario, isto é, despintar antes de volver a pintar. Ademais por partida dobre porque se a Muller de Balboas tócalle logo de non espirse dende o 2007, agora a Julicheira tamén ten que quitarse o enfeite para un proceso integral de restauración da clavazón e substituiremos as puntas galvanizadas por remaches de cobre no tingladillo e puntas de cobre para as cadernas.   video 1: Tamén o remolque levou un lavado de cara e tivemos que gastar uns cartos extras para facerlle un berce á Muller de Balboas para poder mexela con máis agarimo se cadra cando temos que movela.  O sitio é pequeno e temos que aproveitar calquera recuncho.      Ademais esta fin de semana teremos unha ac