Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

jueves, 15 de enero de 2015

PROGRAMA RUMBO DE COLISIÓN

Avance programación
RUMBO DE COLISIÓN
Festival Solidario coa Cultura Marítima do Salnés
17º ANIVERSARIO DO CLUBE MARIÑO SALNÉS







PROGRAMA


Salón de Peña. O Borrón. San Tomé. Cambados
Sábado 21 de febreiro. 
(Sábado de Piñata)








18:00h:  Varada de embarcacións Tradicionais na praia de San Tomé e izado das velas. 

18:00h: Inicio actividades de animación fronte o Salón de Peña:

·       Xogos Populares en colaboración co Concello do Grove.

·   Paripoflexia: “O Asteroide de papel”. Espectáculo de teatro infantil a cargo da Compañía Nelson Quinteiro (Caldas de Reis)*.

·    Aparello dunha embarcación Tradicional a cargo da Asociación A Torre de Cambados e explicación en vivo das técnicas de pesca artesanal e a navegación tradicional.

19.00h. Proxección documental 17º Aniversario do CMS e exposición “O Mar de Cambados” da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.

19.30h: Pasarúas a cargo do Grupo de Percusión de Santiago de Compostela: Trópico de Grelos.

21:00h: Presentación Festival e inicio dos Concertos Musicais.


(*)  A Compañía Nelson Quinteiro presenta en Cambados o sábado 21 de febreiro dentro da programación do Festival RUMBO DE COLISIÓN o espectáculo teatral: “Papiroflexias, O asteroide de papel"


Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)
Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato transfondo ecolóxico.

SIPNOSE:
Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel. Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614. O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores.
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe: Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!


Nos seguintes días iremos ampliando información sobre cada unha das actividades do programa así coma dos grupos de música que van a actuar.

Agardamos contar coa vosa presencia
Saúdos mariñeiros

miércoles, 7 de enero de 2015

FESTIVAL SOLIDARIO: RUMBO DE KOLISIÓN



A Asociación de Embarcacións Tradicionais de Cambados Clube Marinho Salnes, con motivo do seu 17º Aniversario, convídavos a asistir o vindeiro 21 de febreiro ao Festival Solidario "RUMBO DE KOLISIÓN", que organiza en colaboración con diversos locais e entidades de Cambados e cos seguintes grupos musicais: 

- The Even Flow Experience

- Skalopendra

- Noite Fechada

- Leo Arremecajona.

-Quilma (pendente de confirmación)

En canto teñamos o programa e cartel definitivos vos informamos puntualmente. Mentres tanto, correde a voz.  

CMS 
Cambados