Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

Botadura da Muller de Balboas

Imagen
botadura da muller... A nosa filliña, que xa e toda unha muller, volve a disfrutar das augas e os ventos da ría xunto con nos dende o sábado 22 de maio. Logo dos traballiños deste ano, que non foron moitos pero si merecidos, a muller de balboas obtivo a sua liberación o cautiverio xustificado que nos obriga a retela nalgúns momentos. E nesta vez nun entorno con máis encanto que o abúlico espíritu contido no formigón de tragove... o porto de San tomé. Onde meior que frente o noso local social ( a sede ) poderíase desenrrolar un acontecemento tan importante para nos como é a botadura e o seu ritual, algunhas veces máis atribalado que outras (os vesiños poden dan fe disto). E xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras excuso seguir escribindo dando paso o que aconteceu nesa tarde de maio...

Rehabilitación das dornas

Imagen
Un pouco tarde, gustaríanos engadir ao blog algunha foto da tripulación na realización das tareas de rahabilitación dos barcos. Este ano e por segunda vez, foron feitas nunha nave ubicada en Corvillón, case na fronteira (só imaxinaria, de momento) con San Miguel. Ofrecida pola nosa amiga, non socia, pero si colaboradora, Socorrito. Aqui fiséronselle os amaños precisos para capacitar á nosa querida dorna de tope A Muller de Balboas para a navegación deste ano .  E, como xa non goza do privilexio de ser filla única, tocoulle compartir o chumichurri ca súa irmá pequena, de distinto pau, a Julicheira, dorna de escarba, tan anhelada polos nosos socios máis nostálxicos... As fotos que engadimos non son moitas, nin boas, nin reflicten o traballadores que somos. Pero ben... Dio-lo paje .   Nesta, o presidente Majete, Milena, Gato e o resto da fauna (tao e outro jato ) Óscar, " erre que erre ", co chumichurri.