Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

I Varada en San Tomé

Imagen
Este sábado que ben, imos facer unha Varada de barcos tradicionais na praia de San Tomé, onde antigamente se varaban as tipoloxías máis abundantes no porto de Cambados: dornas mecas, dornas de tope, racús, lanchas do xeito e sobre todo Gamelas de Cambados. Estas últimas eran unhas gamelas propias dun porto como Cambados situado no fondo da Ría, con moita seca e especializadas para o marisqueo a flote, se ben tamén se empregaban para a pesca con liña e as chamadas artes menores. Podían chegar até os 6,50m de eslora e aparellaban con vela latina con martelo. A distribución de cuberta era semellante ás dornas, con tilla e cadeira, moi cheas de proa e afiadas na popa; se ben, o espello variaba en función das preferencias do armador. Pero quizás a característica principal era o quillote pronunciado para aguantar pano e evitar a deriva. Na programación estaba previsto a botadura da recuperación dunha destas gamelas, desaparecidas dende os anos 50 do século pasado.