Rehabilitación das dornas

Un pouco tarde, gustaríanos engadir ao blog algunha foto da tripulación na realización das tareas de rahabilitación dos barcos. Este ano e por segunda vez, foron feitas nunha nave ubicada en Corvillón, case na fronteira (só imaxinaria, de momento) con San Miguel. Ofrecida pola nosa amiga, non socia, pero si colaboradora, Socorrito. Aqui fiséronselle os amaños precisos para capacitar á nosa querida dorna de tope A Muller de Balboas para a navegación deste ano . 

E, como xa non goza do privilexio de ser filla única, tocoulle compartir o chumichurri ca súa irmá pequena, de distinto pau, a Julicheira, dorna de escarba, tan anhelada polos nosos socios máis nostálxicos... As fotos que engadimos non son moitas, nin boas, nin reflicten o traballadores que somos. Pero ben... Dio-lo paje.

Óscar, "erre que erre", co chumichurri.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pinta, despinta, pega, e colorea