Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

lunes, 16 de agosto de 2010

Cita en Combarro



Esta fin de semana que ven e a concentracion de Combarro. Quen ten idea de ir?. Habera que falar do tema. Se imos por mar ou por terra, cantos imos para inscribir barcos e tripulacions, etc. Se cadra poderiamos vernos o mercores pola tarde.
Poñedevos en contacto

martes, 13 de julio de 2010

I VARADA EN SAN TOMÉ


Este sábado que ben, imos facer unha Varada de barcos tradicionais na praia de San Tomé, onde antigamente se varaban as tipoloxías máis abundantes no porto de Cambados: dornas mecas, dornas de tope, racús, lanchas do xeito e sobre todo Gamelas de Cambados.


Estas últimas eran unhas gamelas propias dun porto como Cambados situado no fondo da Ría, con moita seca e especializadas para o marisqueo a flote, se ben tamén se empregaban para a pesca con liña e as chamadas artes menores. Podían chegar até os 6,50m de eslora e aparellaban con vela latina con martelo.



A distribución de cuberta era semellante as dornas, con tilla e cadeira, moi cheas de proa e afiadas na popa, se ben, o espello variaba en función das preferencias do armador. Pero quizás a característica principal era o quillote pronunciado para aguantar pano e evitar a deriva.




Na programación estaba previsto facer a botadura da recuperación dunha destas gamelas desaparecidas dende os anos 50 do século pasado. Pero non vai ser posible, e teremos que agardar un pouco mais de tempo para rematar a construcción, que se fai baixo a dirección do carpinteiro de ribeira Pepe Garrido (Asteleiros Hijos de José Garrido_O Grove). De todolos xeitos é un proxecto en marcha e no que estamos moi ilusionados por devolver á vida unha tipoloxía de barco do que tan só temos a memoria, algunhas fotos antigas da Confraría e a referencia en maquetas realizadas por Oscar Otero.



A Varada, que quere recrear imaxes do século pasado cunha visión de futuro, vai ter unha programación sencilla pero combinada con outras actividades para ese día, escollido especialmente por ser o día de “San Antonio”, patrón da Confraría de Pescadores de Cambados e porque coincide moi ben coa marea.



A programación previa ten como referencia a tradicional Regata dos Faros do Grove, organizada polos compañeiros da Asociación Amigos da Dorna Meca.


Rematada a Regata vaise realizar a travesía O Grove-Cambados para entrar en San Tomé, dar unhas voltas no interior da dársena e de seguido varar os barcos na praia para ir comer as sardiñas donadas pola Confraría de Pescadores que asaremos alí mesmo nas grellas da Comisión de Festas de Santa Margarita. Os amigos da Escola de Teatro estan a preparar algunha sorpresa e tamén andarán por alí os membros do Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volandeira”.


Xa despois os que queirades poderedes ir o concerto de TREIXADURA que vai a actuar con motivo da festividade de San Antonio.

Estades todos convidados a agardamos que o pasedes ben. Vémonos no Grove e despois en Cambados.

Saudos a todos.

lunes, 21 de junio de 2010

jueves, 17 de junio de 2010

reunion venres 18 as 7.30 da tarde

mañá venres as 7.30 da tarde reunion dos sosios na sede, ca correspondente senola de despois. debense concretar as actividades da tempada. é importante que acudamos todos! alí nos vemos!

miércoles, 2 de junio de 2010

Convóncase os majetes a unha reunión o vindeiro venrres 5 maio na sede da escalinata as 8.30 pm e antes diso na nave de corbillón as 7.00 para limpar o local de traballo... rógase que este dia aportedes os 10 euros míticos para o seguro.




botadura da muller...
A nosa filliña, que xa e toda unha muller, volve a disfrutar das augas e os ventos da ría xunto con nos dende o sábado 22 de maio. Logo dos traballiños deste ano, que non foron moitos pero si merecidos, a muller de balboas obtivo a sua liberación o cautiverio xustificado que nos obriga a retela nalgúns momentos. E nesta vez nun entorno con máis encanto que o abúlico espíritu contido no formigón de tragove... o porto de San tomé. Onde meior que frente o noso local social ( a sede ) poderíase desenrrolar un acontecemento tan importante para nos como é a botadura e o seu ritual, algunhas veces máis atribalado que outras (os vesiños poden dan fe disto). E xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras excuso seguir escribindo dando paso o que aconteceu nesa tarde de maio...






Un pouco tarde, gustaríanos engadir o blog algunha foto da tripulación na realización das tareas de rahabilitación dos barcos. Este ano e por segunda vez, foron feitas nunha nave ubicada en corbillón. Casi na fronteira (só imaxinaria de momento) con San Miguel. Ofrecida pola nosa amiga, non socia pero si colaboradora, socorrito. Aqui fiséronselle os amaños precisos para capacitar a nosa querida dorna de tope "A muller de balboas" para a navegación deste ano . E como xa non goza do privilexio de ser filla única, tocoulle compartir o chumichurri ca sua irman pequena (de distinto pau) a "Julicheira", dorna de escarba tan anhelada polos nosos socios mais nostalxicos... As fotos que engadimos non son moitas, nin boas, nin reflexan o traballadorillos que te somos. Pero bueno... Dio lo paje.


nesta o presidente majete, milena, gato e o resto da fauna(tao e outro jato)oscarrr." rr que rr "co chumichurri

jueves, 6 de mayo de 2010

arrancamos.

de novo o clube mariño salnes ponse en marcha. dunha xuntanza casual nace un novo espiritu mariñeiro entre os homes e mulleres de terra. agardamos chegar todos a bo porto.